A Xunta de Persoal dos servicios centrais da Xunta, que se reuniu o padado 9 de decembro, esixe a demisión dos seus altos cargos, ante 'o alto grao de incompetencia' amosada desde o comezo da crise do petroleiro Prestige.
Os traballadores da Xunta critican a 'caótica organización' da xestión dos voluntarios, así como a carencia de medios técnicos para atallar os efectos da agresión do fuel. Tamén arremeteron contra a 'manipulación informativa e a ocultación de datos' que, na súa opinión, provoca aínda máis alarma social.
Ante esta situación, reclaman medidas urxentes para paliar os prexuízos dos afectados, á vez que solicitan a demisión dos conselleiros, ministros e asesores de Agricultura e Pesca, de Fomento, de Medio Ambiente e da Presidencia do Goberno central e da Xunta.
Fonte Vieiros
¿Queda alguien por pedir lo mismo en el sector público gallego?
Enviado por akin a las 16:18 | 0 Comentarios | Enlace
|