Prestige

Información sobre la catástrofe
http://akinlg.en.eresmas.com/Camelle.jpg
Archivos
<Enero 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
             
http://akinlg.wanadooadsl.net/akin/not-8-bandeira.gif

Documentos
  • Comunicados oficiales sobre el tema prestige
  • Testimonios de voluntarios que me han llegado

  • Blogalia

    Blogalia

    Estadísticas

    Agradezco cualquier aportación, puedes localizarme aquí:

    Akin@flashmail.com


    Enlaces de referencia sobre el tema


    Prestige: exigimos responsabilidades

    Información importante para voluntarios

    La opinión de los científicos

    le-cedre/

    La web de la Xunta

    Universidad de Vigo

    http://www.accede.org

    Vieiros (En gallego)

    Adega (En gallego)

    Burla negra

    Especial de La voz de Galicia

    Plataforma Nunca Mais

    SEO BirdLife


    Enlaces a webs cercanas al desastre


    Un poco de humor negro

    Portal U-Lo

    A Contrafío

    La Web de Escabeche

    Una web de Mugardos

    DesastrePrestige

    Web fotográfica: prestige.webhop.info

    Una web de un instituto de Ribeira, el IES Leliadoura

    Inicio > Documentos > Voluntarios

    Otro mensaje narrando lo sucedido en Muxía y la situación de los voluntarios, este da miedo. Extraído del Foro de vieiros

    Y una tercera, y última, visión sobre Muxía:



    Texto da Mensaxe: A miña experiencia como voluntario:
    Son un licenciado en Ciencias do Mar (no paro), que ante as mentiras que adiviñaba sobre todo o
    tema Prestige, decidín marchar á Costa da Morte.
    Non foi fácil decidilo. Levaba 7 días esperando que me chamaran, pois deixara os meus datos no 085.
    En internet dinme conta que todo era unha gran mentira, pero non podía supoñer ata que punto.
    Así que chamei a moitos sitios pero en ningún podían dicirme onde podía ir a axudar. Así que fun á
    aventura. Metínme eu só nun autobus dende Santiago e non sabía onde transbordar. Si, para ir á Costa
    da Morte hai que facer transbordos;as comunicacións son pésimas. Oira que en Muxía os voluntarios
    polo menos podían durmir no polideportivo. Así que tirei para alá.
    Nada máis chegar xa vin cousas raras. Atopeime con 43 portugueses de Protección Civil que me
    mandaron a unha oficina. Alí ofrecinme coma voluntario, pero contestáronme que só ofrecían
    contratos. Era a sede de Tragsa, a empresa que se supón que realiza a limpeza. Primeira pregunta:
    ¿si os portugueses viñan como voluntarios que facían inscribíndose como traballadores de Tragsa?.
    Non o sei, agradézolle a alguén que mo explique.
    Dalí fun para o Concello, onde me dixeron que non podían admitir a ninguén máis, que tiñan a 400
    estudiantes madrileños para a fin de semana. Que fora a Protección Civil a ver si me admitían.
    Tomáronme os datos para o seguro e asinei a declaración de voluntario. Mandáronme para o
    polideportivo. Alí atopei a unhas 15 persoas, de moi distintas procendencias: alemáns, franceses,
    cataláns,..... Falei coa persoa de maior idade dos voluntarios, Fernando, de Pontevedra, que me dixo
    que a partir daquel intre ía alucinar. E non tardei moito.
    Uns momentos despois chegou un señor acompañado por un policía (supoño que sería un concellal) que
    se dirixiu a Fernando preguntándolle canto tempo levaban alí, e que xa era tempo de que marcharan,
    que tiñan moita xente para a fin de semana e eles levaban xa unha semana. Vamos, que se largaran el
    e Josep.
    Josep é un mozo catalán que estivo con Fernando e outros compañeiros durante toda a semana. O
    martes 26 eran 5 persoas voluntarias limpando as praias de Muxía. Iso máis as 20 persoas contratadas
    por Tragsa. Iso era todo. Os voluntarios estaban moi indignados, en toda a semana ninguén se
    preocupou por eles. Si tiñan fame, frío, material, si estaban ben...nada. Pasaron unha semana
    sacando chapapote, que é un traballo durísimo, sin deixalo nin un día. E facendoo todo a man. Como
    eles dicían tiñan chapapote ata no cerebro. De aí que a Josep se lle ocorrera facer o que fixo: o
    alcalde chegou á praia que estaban limpando rodeado de xornalistas. E Josep detrás del quitou toda a
    roupa e púxose a pasear espido por riba do chapapote, mentras non paraban de gravalo e fotografalo.
    Nin eu , nin Fernando e o resto dos compañeiros compartimos a forma de protestar. Pero entendemolo,
    ante a impotencia e a rabia que alguén pode sentir nesa situación. Resultado: “a estes nin auga”
    segundo o suposto concellal. Dúas persoas que traballaron sin descanso e que o único que fixeron foi
    criticar ás autoridades por non darlles un mínimo de medios. Logo describirei as condicións nas que
    estabamos.
    A partir de entón entroume un desacougo, un non saber que facía alí...así que despois de comer
    (pola miña conta por suposto) vestinme co meu material e funme a Protección Civil, disposto a que me
    dixeran onde podía ir a limpar. Sorprendido quedei cando me dixeron que aquela tarde non se
    traballaba, que a marea estaba alta e o tempo era moi malo, de temporal. Así que como non sabía que
    facer eu só, fun visitar Nosa Señora da Barca, onde nunca estivera. Eu non vin tan mal
    tempo;tampouco o deberon ver os turistas que estaban vendo as pedras e as praias cheas de merda
    negra.
    No papel de Protección Civil, eu podo entendelos. Non teñen medios, nin preparación; e que por riba
    aínda teñen que pelexar con Tragsa polo material. Son uns mandados. Mandados por un alcalde ó que
    parece que lle importa un pito o seu pobo. E menos os voluntarios. O único que lle preocupa son os
    votos. Os votos dos mariñeiros, que o único que queren é que chegue o día 14 para cobrar as
    subvencións.
    Eso foi o máis forte: os voluntarios que estiveron toda a semana, tiveron que aturar ata insultos
    dos mariñeiros. Dicíanlles que limpando estabanlles quitando o pan. Que cobrarían 3 meses en vez de
    4.¡Canta ignorancia e ruindade!. E así parte do pobo, que parecía un pobo fantasma. Mozos (non
    nenos) xogando ó fútbol mentras nós limpabamos.
    Vendo esta situación pensei que o mellor que podía facer era marchar. Parecía que ninguén se
    preocupaba por arranxar a situación, que a ninguén lle importaba. E ninguén quería que estiveramos
    alí. Pero cambiei de idea cando unha señora dunha tenda, vendo que era voluntario, invitoume a un
    café e preguntoume como estabamos e ofreceume a súa casa para ducharme, e ata me regalou unha toalla.
    Entón decidín quedar. E alégrome moito, porque coñecín a dous mozos de Segovia, Luis e Carlos, que
    me deron un gran exemplo. Eles traballan en Madrid, Luis como actor, e Carlos como cámara
    free-lance. Levaban 2 días alí e alucinaran tanto coma min. Pero moi reflexivamente Luis chegou á
    conclusión de que os voluntarios estabamos facendo o mesmo do que acusabamos a Protección Civil ou ó
    Goberno, que facían pouco ou nada. Só limpabamos chapapote, sen pensar, nin facer nada para
    denunciar a situación de escaseza de medios. A Luis ocorreuselle facer unha pancarta denunciandoo e
    pretendía facer unha folga de voluntarios diante da tele. Convocou unha reunión cos 100 estudiantes
    que chegaran esa noite (venres 29) de Madrid.
    Estivemos discutindo a situación e sairon moitas ideas. Desde logo falamos da situación de cada un.
    Os universitarios que chegaron de excursión organizada pola súa Escola dixeronnos que en Madrid
    contaban que se necesitaban voluntarios, que había medios e que a Cruz Roxa daba de comer. MENTIRA.
    Todo o contrario dos galegos que nos apuntamos voluntarios. A nós dixéronnos que non se necesitaban
    voluntarios, que había traballadores de Tragsa. Sempre desanimándonos a que foramos. É unha das
    realidades que facía que me caera a cara de vergoña. A pesar de que nos puxeran trabas, galegos
    naquela reunión eramos 5. Entre cento e pico voluntarios. E en calquer momento da semana sobraban
    dedos das mans para contar ós voluntarios galegos.
    A manifestación de Santiago, na que tamén estiven, foi moi importante, case máis que o que podiamos
    facer quitando uns kilos de chapapote. Pero dos 200.000 non estiveron nas praias como voluntarios
    nin a centésima parte. Para mirar si.
    Tamén comentamos onde estaba o exército, só para facer o paripé, 85 soldaditos para máis de 400
    kms. Non chegan nin para unha minipraia. E digo paripé porque vin en Telecinco unha conexión con
    Malpica onde estaban detrás da presentadora bromeando, apoiados sobre ás pás. Cando comenzou a falar
    escoitouse “ahora,ahora” e os marineritos facían que traballaban coma condenados.
    Un dos compañeiros no polideportivo era traballador de Tragsa, chegado de Vigo coma min. Estaba nas
    mesmas condicións ca nós, durmindo nunha colchoneta se tiña sorte, duchándose en auga fría se non a
    tiña; pagándose a súa comida e coa misma escaseza de material, pois non podían nin lavalo. Ninguén
    se ocupaba diso. Nós tamén tiñamos que reutilizar os impermeables e as botas cheas de merda, pois
    ninguén as limpa. Necesitaríase unha pistola de auga quente. E esa só se viu un día polo paseo de
    Muxía para que a gravaran as cámaras e logo levarona. A única diferencia dos de Tragsa(eran 20 en
    Muxía) é que eles si tiñan boas máscaras, pois tiñan que estar moitas horas en contacto co
    chapapote, e que cobraban uns 6 euros por hora. Si, son contratos de ETT. Este compañeiro non
    traballaba só polos cartos, e non sabía canto aguantaría. De feito estaba disposto a perde-lo
    traballo para protestar.
    Ó final fun para a miña colchoneta (50 para os cento e pico) bastante triste. Os universitarios
    botaranse para atrás (porque a viaxe fora organizada e pagada pola Escola) ante a posibilidade de
    que nos puideran botar de Muxía.
    Pola mañá do sábado espertei pensando en marchar, porque parecíame que alí non facía nada.
    Despedínme de Luis e Carlos e cando collía a mochila oinos dicir: “Bueno vamos por la tela para la
    pancarta”. Ante iso quedei.
    Fixemos a pancarta cun anaco de plástico e cinta americana:
    SOS VOLUNTARIOS ENGAÑADOS
    GOBIERNO : MIENTES
    GALICIA : DESPIERTA
    E alá fomos limpar, esperando que apareceran os xornalistas. Alí nunha mini praia, que máis que
    praia era unha morea de pedras había 50 ou 60 compañeiros. Ninguén che di o que tes que facer,
    chegas alí e a quitar chapapote de calquer xeito, e por suposto coas mans. As pás nesas condicións
    non serven de nada, o chapapote ten a consistencia do chicle. O único ó que non se adhire é ás
    tellas ou materiais porosos. Seino porque a parte de arriba era unha escombreira das tan habituais
    na nosa costa, que di moito da preocupación dos galegos polo medio ambiente. Metías o chapapote no
    caldeiro e en cadea levábase ata os 3 contenedores que tiñamos. Nun intre dado enchéronse e tivemos
    que botar toneladas directamente sobre a terra. A alegría dos que levaban días alí foi moita cando
    chegou un camión e retirou un contenedor. Era pouco frecuente.
    Cando descansaba quedaba mirando ó meu arredor e vía unha situación surrealista: un grupo de xente
    vestida de branco ( os monos e as luvas, son o único de usar e tirar ; as mascarillas quita-medos
    tamén, pois das de filtros hai moi poucas) quitando aquela morte negra das pedras coma posesos. Eu
    non lle vía sentido a nada, limpabamos un sitio que debería ser dos últimos en limpar, e por riba de
    lado a lado, non de arriba a abaixo. Unha escombreira moi batida, que como dicían os de protección
    civil, nunhas horas estaría igual. Estabamos alí para a tele.
    O único importante era sacar canto máis mellor. A organización e coordinación: NULA.
    ¡Ca de praias marabillosas que debían estar cubertas de fuel!. E alí si que sería importante limpar
    canto antes de que filtrara ó fondo e acabara coa microfauna e os microorganismos. Ademáis de que
    seria moito máis doado.
    Colocamos a pancarta nun lugar bastante visible e os fotógrafos empezaron a tirar fotos. Os
    curiosos mirabannos con curiosidade (valla a redundancia). Algúns dos nosos compañeiros axudaronnos
    a poñela, pero a maioría sigueu no traballo. A xente ía alí a eso, e o chapapote métese no cerebro e
    fai que traballes sen parar, porque sabes que nunca vas rematar. Somos formiguiñas loitando contra
    un xigante escuro, que repta pola area, as pedras, o teu corpo, ata que chega ós lugares máis
    insospeitados.
    O da tele merece un comentario. Supoño que todo o mundo o sabe, pero só están alí para dicir que o
    goberno estaba facendo moito. Polo menos TVE e TVG. Sentíame cómplice, porque estaba colaborando a
    dar impresión de que había moita xente limpando. E por suposto en ningún momento enfocaron a
    pancarta, esquivabana todo o tempo. Encareime coa presentadora de TVG, Loli Alvárez e pregunteille
    porqué non a enfocaban. Encolleuse de hombros e apartou a mirada. Cando entrou en directo estaba
    limpando detrás dela. Estiven a puntiño de tirarlle unha boa bosta de chapapote. Colleume o brazo o
    Luis, e díxome que non valía a pena. Que non deixaban de ser uns mandados ós que podían despedir. A
    min parecenme cómplices non porque non sexa verdade iso, senón porque nin siquera se molestan en
    gravar a verdade, aínda que despois llela censuren.
    Pegamos a pancarta nun muro con chapapote e marchamos a descansar ás duas , despois de 3 horas
    enfouzados en merda negra. Fun comer coa sensación de que fixemos o que debiamos, aínda que só o
    viran os que estaban alí. Ducheime moi a gusto a pesar da auga fría.
    E máis a gusto porque cando chegabamos ó polideportivo marchaban un grupo de veciñas que nos
    levaran comida. Por primeira vez alguén se preocupaba por nós, aparte de Protección Civil, que xa
    nos levaran algo de auga e leite. Comemos tortilla, sopa, churrasco, filetes empanados... Todo moi
    bo, aínda máis rico pensando que o fixera parte do pobo de Muxía para agradecernos o noso esforzo.
    Coincideu que aquel día chegou por primeira vez a Cruz Vermella para darnos de comer e montaron o
    chiringo no porto. Un grupo de compañeiros díxolles ás señoras que nos trouxeran a comida ó
    polideportivo, para que non dixeran que toda a comida a poñía a Cruz Vermella. Porque xa estabamos
    curados de mentiras e manipulacións.
    Marchei despois de comer coa satisfacción de que os rapaces universitarios xa estaban facendo
    pancartas. Si, as que vin hoxe en Telecinco (o único medio televisivo que mostrou as protestas) na
    visita do Rei. Despedínme de Carlos e Luis á tardiña para chegar a Santiago para a manifestación do
    domingo. Eles non sabían se irían tamén ou quedarían para o luns cando chegara o Rei.
    Por certo para que vexades a situación da Costa da Morte: os sábados despois das 14.30 non hai
    autobuses que saían do pobo a ningures. Levoume un dos compañeiros do chapapot ( como din os
    franceses).
    E en Santiago unha gran emoción, pola cantidade de xente, pero tamén escepticismo. Cando desapareza
    dos medios esquecerase.
    E vendo ó enemigo, un dase conta que non se pode vencer en moitos meses, coa axuda dos temporais e
    de miles e miles de persoas que agora non hai.
    Eu só estiven alí pouco máis de 24 horas, pero foron moi, moi intensas. Pediríalle á xente que se
    apuntou que vaia alá a ver a verdade. Espero que a situación sexa mellor. Pero si vai, que vaia con
    espíritu guerreiro, a pelexar, a protestar, non a rendirse. Sabendo que sí hai algunha xente que vos
    quere alí.


    Esta tercera es aterradora.
    He preferido mantener el gallego por ser el idioma usado por quien envió el mensaje.

    Disculpas al autor del mensaje, no tenía su correo y el enlace que puse a Vieiros (donde estaba el mensaje en un foro) no funcionaba. He preferido no poner el nombre por si eso puede ser un problema, si por casualidad lees esto te ruego me avises si deseas algún cambio o que borre el texto o que ponga tu firma al texto.

    © 2002 akin