Prestige

Información sobre la catástrofe
http://akinlg.en.eresmas.com/Camelle.jpg
Archivos
<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          
http://akinlg.wanadooadsl.net/akin/not-8-bandeira.gif

Documentos
  • Comunicados oficiales sobre el tema prestige
  • Testimonios de voluntarios que me han llegado

  • Blogalia

    Blogalia

    Estadísticas

    Agradezco cualquier aportación, puedes localizarme aquí:

    Akin@flashmail.com


    Enlaces de referencia sobre el tema


    Prestige: exigimos responsabilidades

    Información importante para voluntarios

    La opinión de los científicos

    le-cedre/

    La web de la Xunta

    Universidad de Vigo

    http://www.accede.org

    Vieiros (En gallego)

    Adega (En gallego)

    Burla negra

    Especial de La voz de Galicia

    Plataforma Nunca Mais

    SEO BirdLife


    Enlaces a webs cercanas al desastre


    Un poco de humor negro

    Portal U-Lo

    A Contrafío

    La Web de Escabeche

    Una web de Mugardos

    DesastrePrestige

    Web fotográfica: prestige.webhop.info

    Una web de un instituto de Ribeira, el IES Leliadoura

    Inicio > Documentos > Comunicados

    Comunicado del colegio oficial de periodistas de Galicia


    O COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA DENUNCIA E CONDENA O APAGÓN INFORMATIVO DECRETADO POLAS AUTORIDADES EN RELACIÓN COA MAREA NEGRA CAUSADA POLO NAUFRAXIO DO "PRESTIGE"


    --------------------------------------------------------------------------
    07/12/2002
    SANTIAGO DE COMPOSTELA
    CPXG


    A Xunta de Goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA, corporación de Dereito Público que agrupa a 1.083 profesionais da comunicación, desexa transmitir á opinión pública a súa preocupación polas dificultades que o Goberno central e a Xunta de Galicia están a poñer diante dos xornalistas para informar axeitadamente sobre as circunstancias nas que tivo lugar a deriva e posterior naufraxio do petroleiro "Prestige" e acerca da evolución das sucesivas mareas negras de fuel pesado que destes feitos se derivaron e están a derivarse. O apagón informativo decretado, entre outros, polas autoridades da Mariña Mercante coa fin de evitar que os xornalistas poidan contrastar diferentes versións sobre estes feitos e a negativa a suministrar datos que os profesionais se ven na obriga de recabar de entidades que dependen dos gobernos francés e portugués constitúen dous exemplos intolerables do intento que están a desenvolver as autoridades españolas e galegas de someter ós medios de comunicación ó seu discurso oficial cando, nos asuntos relacionados coas administracións públicas, o dereito fundamental á información debe prevalecer sempre por riba de calquera restricción que vulnere inxustificadamente o principio da transparencia informativa ó que estan obrigadas.

    Unha mostra desta irracional estratexia da ocultación impulsada polo Goberno tivo lugar o pasado mércores co peche ós
    xornalistas do porto de Aguiño (Ribeira), nunha decisión que constitúe unha flagrante violación do dereito á información
    protexido polo artigo 20.1 da Constitución Española.


    O COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA, como entidade obrigada a evita-los intentos de limita-lo dereito dos cidadáns á liberdade de expresión e de información, mediante actos ou opinións dirixidos a restrinxir ou influir lesivamente na libre actividade dos medios de comunicación e de quen traballan neles, quere amosar tamén a súa preocupación polas consignas impostas
    nalgúns medios de comunicación de titularidade pública, nomeadamente Televisión de Galicia e Televisión Española, co único obxectivo de condiciona-la información para que non resulte perxudicial ós intereses políticos dos actuais gobernantes. A garantía dos dereitos dos cidadáns require a defensa duns medios de comunicación libres, plurais, críticos e abertos á sociedade á que serven. A importancia da función social que presta o xornalista a través dos medios de comunicación, como elemento principal para o exercicio destes dereitos, esixe salvagardar permanentemente estes principios de calquera intento de restricción ou coacción procedente de toda forma de poder, así coma da súa posible degradación, producida pola súa eventual inobservancia ou adulteración por parte dos propios medios ou de quen traballan neles. Na súa condición de actores principais do exercicio dun dereito fundamental, do que son depositarios tódolos cidadáns, os profesionais da información deben desenvolve-la súa función atendendo ó dobre compromiso da responsabilidade, derivada da súa importante tarefa e do mandado da súa propia conciencia, dacordo co ordenamento constitucional e cos principios deontolóxicos da profesión xornalística. A liberdade de expresión e o dereito á información son dous fundamentos substanciais da sociedade democrática. Os dous son dereitos recollidos e amparados pola Constitución. Do vigor, o respecto e a plena vixencia destes principios depende a existencia dunha opinión pública plural e
    independente, requisito indispensable para o bo desenvolvemento da vida pública e a plenitude do sistema democrático.

    O COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA non considera casual que estes feitos, directamente relacionados coa crise do "Prestige", teñan coincidido no tempo con denuncias de persecución de xornalistas concretos suxeridas dende instancias da Xunta de Galicia, da que dependen importantes partidas presupostarias de libre disposición coas que, desgraciadamente, é posible condicionar as contas de resultados, e os importamentos informativos de xornais, axencias de noticias e emisoras de radio e televisión, de titularidade pública e privada.


    O COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA considera
    intolerable esta situación e, por isto, ó tempo que lla transmite á opinión pública, fai un chamamento ós xornalistas galegos e ós empresarios da comunicación para que se rebelen e defendan o dereito á información fronte a calquera intento de condicionar o seu traballo.


    A Xunta de Goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE
    GALICIA quere tamén expresar a súa emocionada solidariedade cos
    afectados pola marea negra e, ó tempo que suliña a súa comprensión pola tensión coa que están a vivir esta crítica situación, rógalles encarecidamente que faciliten na medida das súas posibilidades, o traballo dos xornalistas, que non son os
    culpables do que as súas empresas poidan ocultar, na seguridade de que a difusión dos seus problemas entre o conxunto da sociedade contribuirá decisivamente á súa solución.

    © 2002 akin