Prestige

Información sobre la catástrofe
http://akinlg.en.eresmas.com/Camelle.jpg
Archivos
<Diciembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            
http://akinlg.wanadooadsl.net/akin/not-8-bandeira.gif

Documentos
  • Comunicados oficiales sobre el tema prestige
  • Testimonios de voluntarios que me han llegado

  • Blogalia

    Blogalia

    Estadísticas

    Agradezco cualquier aportación, puedes localizarme aquí:

    Akin@flashmail.com


    Enlaces de referencia sobre el tema


    Prestige: exigimos responsabilidades

    Información importante para voluntarios

    La opinión de los científicos

    le-cedre/

    La web de la Xunta

    Universidad de Vigo

    http://www.accede.org

    Vieiros (En gallego)

    Adega (En gallego)

    Burla negra

    Especial de La voz de Galicia

    Plataforma Nunca Mais

    SEO BirdLife


    Enlaces a webs cercanas al desastre


    Un poco de humor negro

    Portal U-Lo

    A Contrafío

    La Web de Escabeche

    Una web de Mugardos

    DesastrePrestige

    Web fotográfica: prestige.webhop.info

    Una web de un instituto de Ribeira, el IES Leliadoura

    Inicio > Documentos > Voluntarios

    Otro testimonio de denuncia de desorganización

    E X P O Ñ O :

    Que onte, día 3 de decembro, acudín como voluntario para a limpeza do litoral dos restos de hidrocarburos deixados polo afundimento do petroleiro Prestige.

    Que para tal labor inscribírame o día anterior a través do teléfono 900 606 022.

    Que, cando cheguei ó lugar que se me indicara, no Pindo (Carnota), ás nove da mañá, non había ningunha relación de voluntarios, polo que foi preciso agardar unha hora para que se nos entregase o equipo, a min e ós outros dous voluntarios que se achegaron.

    Que de alí se nos enviou ó Concello de Carnota, desde onde se nos enviou, logo da correspondente demora, a unha cuadrilla na praia de Maceiras, onde non había ningún responsable ou encargado que dese instruccións nin de qué facer nin de cómo.

    Que estes atrasos supuxeron comeza-lo labor ás 11 horas 15 minutos.

    Que no material que se estaba a fornecer incluíase unha mascarilla inadecuada para o traballo, pois, no envoltorio de plástico no que viña, dicía textualmente: “Protege contra polvos, neblinas y humos”; é dicir, non protexe contra emanacións tóxicas.

    Que tamén se facilitaban unhas lentes de protección dos ollos, só útiles ante impactos de corpos sólidos como pequenas pedras ou similares.

    Que a protección para o calzado consistía en dúas fundas de plástico, absolutamente inútiles para o labor que cumpría efectuar.

    Que, como consecuencia de todo isto, o feito de indicar que se facilitaba material supuxo a perda dun par de zapatos, que quedaron absolutamente inservibles, e a inhalación de vapores tóxicos.

    Que, caso de indicarse a realidade -a carencia de material axeitado-, aforraríanse contratempos ás persoas encargadas da limpeza, pois cada unha podería proverse do necesario.

    Que a descoordinación dos equipos tamén supón un desbaldimento absolutamente inxustificado do tempo que se destina a un traballo que debería considerarse de extrema urxencia.

    Que, dentro desta descoordinación, fun testemuña dun caso absolutamente inadmisible: o alcalde de Carnota enviou o persoal de limpeza do Concello a participar na operación, en xornadas de oito horas, sen equipo axeitado e sen ter en conta de que, aínda cos medios de protección necesarios, o tempo máximo recomendado é de 5 horas.

    Que o feito anterior demostra a necesidade de dar instruccións concretas respeto do protocolo que se debe seguir, a toxicidade dos productos e os medios de protección.

    Que a falta desta información significa un total desprezo pola saúde das persoas que acudimos a repara-lo dano causado pola incompetencia e a falta de previsión das autoridades, que en todo momento observaron unha actitude errática, máis preocupadas de ocultar unha realidade evidente ca de adoptar medidas para evitar, na medida do posible, os danos causados.

    Por todo isto, S O L I C I T O :

    Que se teña por interposto este escrito como DENUNCIA dunha xestión oficial absolutamente ineficiente, na que os medios dispostos significan un atranco, no canto dunha axuda, para a limpeza do noso litoral.

    Que se tomen as medidas oportunas para que o persoal de limpeza conte cos medios axeitados para se protexer das emanacións tóxicas, ou que se indique a imposibilidade de os fornecer, para que cada un poida acadalos pola súa conta.

    Que se dicten instruccións precisas e por escrito, tanto para os responsables da coordinación como para as cuadrillas de limpeza e as persoas en particular.

    Que estas instrucción se fagan públicas, cunha difusión suficiente a través dos medios de comunicación. Deben referirse a cada estamento encargado dos traballos -concellos, coordinadores de áreas, responsables das cuadrillas, traballadores e voluntarios-, para que cada un teña moi, desde o momento no que se pon en marcha, cál é a súa misión, cómo a vai desenvolver e qué ten que facer en cada momento.

    Bertamiráns, 4 de decembro do 2002

    © 2002 akin