Prestige

Información sobre la catástrofe
http://akinlg.en.eresmas.com/Camelle.jpg
Archivos
<Diciembre 2023
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             
http://akinlg.wanadooadsl.net/akin/not-8-bandeira.gif

Documentos
  • Comunicados oficiales sobre el tema prestige
  • Testimonios de voluntarios que me han llegado

  • Blogalia

    Blogalia

    Estadísticas

    Agradezco cualquier aportación, puedes localizarme aquí:

    Akin@flashmail.com


    Enlaces de referencia sobre el tema


    Prestige: exigimos responsabilidades

    Información importante para voluntarios

    La opinión de los científicos

    le-cedre/

    La web de la Xunta

    Universidad de Vigo

    http://www.accede.org

    Vieiros (En gallego)

    Adega (En gallego)

    Burla negra

    Especial de La voz de Galicia

    Plataforma Nunca Mais

    SEO BirdLife


    Enlaces a webs cercanas al desastre


    Un poco de humor negro

    Portal U-Lo

    A Contrafío

    La Web de Escabeche

    Una web de Mugardos

    DesastrePrestige

    Web fotográfica: prestige.webhop.info

    Una web de un instituto de Ribeira, el IES Leliadoura

    Inicio > Documentos > Comunicados

    Conunicado de la Universidad de Santiago mostrando su apoyo a Nunca Mais

    Acordo diante da catástrofe provocada polo 'Prestige'

    Claustro da Universidade de Santiago

    Diante da situación que está a sofrer o pobo galego como consecuencia da marea negra provocada polo pretroleiro "Prestige", o Claustro da Universidade de Santiago de Compostela reunido en sesión extraordinaria o 18 de decembro de 2002,

    MANIFESTA:

    1. A USC fai seu o manifesto da Plataforma cidadá 'Nunca Máis'.

    2. A súa condena pública da situación que está a vivir o noso País, xa que esta situación pon de manifesto novamente a escaseza de medios e planos, tanto preventivos como de resposta a este tipo de eventos.

    3. Que durante este proceso se desaproveitaron, de xeito inexplicable, os coñecementos e os recursos científicos e técnicos das universidades e centros de investigación galegos.

    4. A súa fonda indignación e dor, compartidas co conxunto da sociedade galega, pola catástrofe que estamos a vivir, de consecuencias dramáticas para Galicia. Así mesmo, solidarízase con todos os afectados e expresa a súa vontade de seguir colaborando, conxuntamente co resto da comunidade científica galega, para paliar as consecuencias derivadas da marea negra.

    5. O seu recoñecemento á actitude exemplar coa que o pobo galego está a facer fronte á marea negra, e o agradecemento á propia comunidade universitaria da USC pola mobilización levada a cabo dende o principio da traxedia.

    Diante, pois, da situación que está a vivir o noso país, o Claustro da USC acorda:

    1. Solicitar institucionalmente a declaración de Galicia como zona catastrófica e a adopción das medidas necesarias para que non se repita unha catástrofe similar. Solicitar igualmente a depuración de responsabilidades das persoas e organismos encargados da posta en marcha de medidas preventivas e de emerxencia ante este tipo de riscos, que se manifestaron claramente deficientes.

    2. Solicitar da Xunta de Galicia e do MCYT a creación dunha liña de acción científica con carácter prioritario adicada ao estudio da prevención e solución das consecuencias derivadas das mareas negras.

    3. Demandar das administracións central e autonómica a inmediata posta en marcha de medidas económicas que garantan aos estudiantes procedentes das zonas e dos sectores económicos afectados a continuación dos seus estudios.

    4. Poñer á disposición da sociedade galega todos os medios materiais e humanos con que contan para avaliar a situación e asesorar nas solucións, na recuperación do medio e as medidas preventivas que se deben adoptar para o futuro.

    5. Comprometerse no fomento e no apoio institucional ás accións de voluntariado que xurdiron xa da comunidade universitaria para atender á limpeza das costas, no entendido de que estas tarefas van seguir sendo necesarias durante os vindeiros meses.

    6. Facultar ao Consello de Goberno para que adopte os acordos necesarios para facer efectivo o compromiso da USC coa sociedade galega para que catástrofes como a do Prestixe non se repitan " NUNCA MÁIS".

    Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002

    © 2002 akin